Acuerdo relativo a la suspensión provisional de la autorización de explotación de máquinas recreativas tipo B, BE y C

Ageo - noticias - Acuerdo relativo a la suspensión provisional de la autorización de explotación de máquinas recreativas tipo B, BE y C

Compartimos con nuestros asociados la información del DOG sobre la presentación de solicitudes provisionales de autorización de explotación y sus correspondientes reinicios

Seguindo as instrucións da Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos, comunicámoslles que o CENTRO DE COORDINACIÓN OPERATIVA DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (CECOP) adoptou no día de onte o seguinte acordo en relación coa presentación de solicitudes provisionais de autorizacións de explotación e os seus correspondentes reinicios de explotación:

  • “As empresas que pretendan acollerse a unha suspensión provisional das máquinas de xogo deberán presentar as súas solicitudes durante todo o período de duración do estado de alarma e as súas correspondentes prórrogas. Non será necesario, para estes efectos, que acheguen a documentación colocada na máquina xa que un exemplar dela obra xa en poder da administración, debendo entregala no momento en que abran os establecementos e poidan acceder a eles.

–          A data de efectos da suspensión provisional das máquinas de xogo será en calquera caso, e con independencia da data de presentación da solicitude, o 31 de marzo de 2020.

–          No momento en que se levante o estado de alarma e os establecementos correspondentes abran ao público de xeito que se poidan de novo explotar as máquinas de xogo, o órgano competente en materia de xogo dará de alta todas as máquinas afectadas polas solicitudes de suspensión de xeito automático e sen necesidade de solicitude individualizada das empresas agás manifestación expresa en contrario por parte do interesado”.

Con respecto a este acordo, cómpre facer as seguintes consideracións:

·        Ata cando podo presentar as solicitudes de suspensión provisional de autorizacións de explotación?

Poden ser presentadas durante todo o período de duración do estado de alarma e as súas correspondentes prórrogas.

·        Que data de efectos terán as solicitudes de suspensión presentadas neste período?

Terán efectos a 31.03.2020, con independencia da data da súa solicitude.

É recomendable que indiquen expresamente esta data de efectos na súa solicitude para evitar confusións ou interpretacións.

·        Como e cando teño que achegar os exemplares das autorizacións de explotación que están colocados nas máquinas?

Entregaranas na nosa oficina cando se restableza a atención presencial e no momento en que abran os establecementos e poidan acceder a eles.

·        Como podo seguir presentando as solicitudes de suspensión se non é posible a súa presentación presencial?

Poderán seguir sendo presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) do seguinte modo:

o   Empregar o procedemento PR004A (Presentación electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado) xa que o procedemento de suspensión provisional (PR329B) aínda non pode ser tramitado directamente a través da sede electrónica.

§  De este xeito, achegaranse como “anexos” ao modelo PR004A as solicitudes de suspensión provisional PR329B debidamente cubertas, coa documentación necesaria que teñan dispoñible nese momento.

§  Tamén sería posible achegar unha relación das autorizacións de explotación que pasarían a suspensión provisional, en lugar de cubrir unha solicitude normalizada por cada máquina (sería presentada igualmente como anexo ao modelo PR004A)

o   Con respecto ás comunicacións a almacén: serán tramitadas de oficio, co cal non terán que ser presentadas con esta solicitude nin pagar a taxa administrativa correspondente.

 ·     Podo solicitar mais suspensións de autorizacións de explotación das xa inicialmente solicitadas?

Si. Para evitar erros, sería recomendable que fixeran alusión a esta/s solicitude/s anterior/es é poder facer un expediente único.

·       Cando e como se reiniciaran as autorizacións suspendidas?

No momento en que se levante o estado de alarma e os establecementos correspondentes abran ao público de xeito que se poidan de novo explotar as máquinas de xogo, tramitaremos de oficio a alta de todas as máquinas afectadas polas solicitudes de suspensión sen necesidade de solicitude individualizada das empresas agás manifestación expresa en contrario por parte do interesado.

·        Cómpre destacar que esta tramitación de oficio dos reinicios só será posible para as autorizacións de explotación suspendidas con carácter provisional durante a situación do estado de alarma.

·        Con carácter previo a esta tramitación de oficio, poderán achegar a súa manifestación expresa en contrario.

·        Sendo así, que taxas debo pagar?

Soamente deben pagar as taxas correspondentes ás solicitudes de suspensión provisionais.

Non deben aboar as taxas correspondentes nin ás comunicacións de instalación nin ás dos reinicios correspondentes.

 ·      Como debo entender o cómputo dos prazos para reiniciar as autorizacións de explotación que tiña en situación de suspensión provisional con carácter previo á declaración do estado de alarma?

O prazo de 25 meses entenderase suspendido dende a declaración do estado de alarma, polo que se ampliará polo mesmo tempo que dure esta situación (como se o tempo se detivese entre o inicio do estado de alarma e a súa finalización).

*Cómpre aclarar que, a maiores desta ampliación, non é posible prorrogar este prazo máximo de suspensión provisional.

Compartir:

Categorías